Adaro Consultores é a túa asesoría fiscal, laboral e contable, fundada no ano 1990 na Coruña e organizada arredor dun equipo de profesionais dirixidos por María Jesús Davila e César R. Carril.

O noso compromiso

Profesionalidade y confidencialidade

A actualización dos nosos coñecementos ante os permanentes cambios na lexislación é a garantía para a prestación dun servizo adecuado. Tamén somos conscientes de que manexamos información confidencial dos nosos clientes, que temos que tratar coa maior discreción, polo que garantimos confidencionalidade absoluta.

Trato persoalizado

Ofrecémosche dedicación exclusiva. O noso obxectivo é conseguir que te sintas, en todo momento, coma se foses o noso único cliente: fronte aos inconvenientes que suscitan outros despachos de maior tamaño, en Adaro Consultores coñecemos a fondo a todos os nosos clientes.

Servizo integral

A oferta de servizos que ofrecemos abarca todo o necesario para que o teu proxecto empresarial cumpra todas as obrigacións legais. Esta oferta se estrutura en cinco áreas de traballo, complementarias entre si, e adaptables ás necesidades de cada cliente: asesoramento fiscal, laboral, contable e xestoría / tráfico.

Tecnoloxía

Poñemos ao teu servizo unha zona privada na que podes acceder a toda a documentación da túa empresa en calquera momento e lugar.

Nosos servizos

Asesoría fiscal, laboral e contable

Todas as empresas estamos obrigadas a cumprir a lexislación vixente. A túa quizá xa o faga, pero é posible que queiras sacar o mellor partido á túa xestión contable ou que necesites asesoría fiscal e laboral completa e de xeito permanente.

Saber máis

Xestión de axudas e subvencións para empresas e particulares

Calquera proxecto, xa sexa empresarial ou particular, é susceptible de recibir algún tipo de subvención, préstamo, incentivo fiscal ou bonificación.

Saber máis